xoves, 6 de febreiro de 2020

ENTREGA DE PREMIOS DA CANDELORIA

Neste acto houbo un gañador por clase, da nosa clase gañou Laura que lle fixo unha carta en verso para a súa avóa.
E de agasallo levou un bulbo.

Nova gañadora no Certame de cartas de Amor na nosa clase

Temos unha nova gañadora do IV Certame de Cartas de Amor da nosa clase : Laura Juncal Varela.

 Escribiu unha maravillosa carta dedicada á súa avoa. Parabéns Laura!




 

martes, 4 de febreiro de 2020

Hai que ser solidarios!Colabora!

Estas dúas semanas estivemos recollendo produtos de limpeza e alimentos, para os máis necesitados .
O 30 de xaneiro entregamos cos máis pequenos  do cole os alimentos e os produtos de limpeza,
e fixemos unha cadea con eles, colaboraron con nós o concello e axudáronnos a levar os alimentos ás persoas que máis o necesitaban. Grazas a todos/as e ao concello por colaborar con nós.

Volve a Ecotropa

Estes días a clase de 6º volve  poñer os chalecos verdes da Ecotropa. Observamos que se reduce o uso de plásticos, e que se tira menos comida sen empezar.
Esperemos que siga así!

Conta atrás para o Erasmus+

Tan só queda un mes para que os nosos compañeiros vaian a Durham durante a primeira semana de Marzo.