Estas dúas semanas estivemos recollendo produtos de limpeza e alimentos, para os máis necesitados .
O 30 de xaneiro entregamos cos máis pequenos do cole os alimentos e os produtos de limpeza,
e fixemos unha cadea con eles, colaboraron con nós o concello e axudáronnos a levar os alimentos ás persoas que máis o necesitaban. Grazas a todos/as e ao concello por colaborar con nós.